Evento: Ovvio

Ovvio
xoves, 3 decembro, 2020 - 20:30
Teatro Principal de Santiago de Compostela,
Santiago de Compostela

Ovvio

Ovvio é unha das creacións do Kolektiv Lapso Cirk, e nace da idea dos dous intérpretes David Díez Méndez (España) e Tomás Vaclaveck (Eslovaquia).

Onde se atopa o límite extremo do equilibrio? 

Este momento perfecto onde as leis da gravidade parecen derrotadas, superadas, desaparecidas. Onde está o límite das nosas capacidades? Ás veces chegamos, ás veces non. Ás veces pasámonos, ás veces non.

Ás veces caemos e ás veces non. Gústannos ambos, OVVIO!

OVVIO é un encontro entre dúas personalidades opostas, que levan dentro a mesma necesidade de risco, o desexo abafador de descubrir ata onde poden chegar antes de que a física e o azar os derroten. Onde está o instante de perfección antes da caída?

O "Xogo" é a súa forma de buscar este límite, a confianza o cordón necesario que os une e os empurra a continuar. OVVIO é un desafío.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Circo na biblioteca
14 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
O paxariño da miña xanela
26 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Hoxe toca...maxia!
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Biblioteatro
7 de setembro a 29 de novembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola