Evento: Lucía Pérez

Cancelado
Lucía Pérez
sábado, 6 febreiro, 2021 - 19:30
Teatro Jofre,
Ferrol

Lucía Pérez

Concerto da cantante galega.

A coñecida cantante galega Lucía Pérez, representante de España en Eurovisión 2011, presentará o seu sétimo e último álbum Quince soles, co que celebra os seus 15 anos na música.

Despois de participar en numerosos programas de TV e festivais musicais, con tan só 17 anos, gaña o concurso da Televisión de Galicia, Canteira de cantareiros. É entón cando entra en contacto con Chema Purón para a gravación do seu primeiro álbum Amores e amores, publicado en 2003, e con el consegue Disco de Ouro Galego. Despois viñeron 5 álbums máis ata o seu anterior Quitapenas que data do 2014.

Quince Soles é un disco integramente en galego que chega nun momento de esplendor da artista galega, no que hai colaboracións moi especiais de recoñecidos artistas do panorama musical galego, como son Biscaíño, Susana Seivane, Chema Purón, Rosa Cedrón, Emilio Rúa, Sito Sedes, Xavier Diaz, Chenoa e Tonhito de Poi, entre outros.

Un disco con 15 cancións, en especial da cultura popular galega, que representan algún momento especial da súa vida; cancións que a xente escoitou, que son nosas, pero que pouco ou ninguén as versionó, ademais dalgún tema orixinal.

  • Lucía Pérez - Tocando enfrente (Videoclip Oficial)

Máis eventos de tipo Concerto

SUIT(E)
29 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
Rata Blanca
30 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
El Drogas
2 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5