Evento: Don Gaiferos
Don Gaiferos
Obra teatral con actores, monicreques e músicos que a modo de opereta e partindo do romance popularizado por Don Faustino Santalicese incorporando cancións e músicas do folclore galego conta un dos milagres atribuídos ao Apóstolo Santiago que narra a viaxe do peregrino francés Gaiferos de Monmarltan ata a súa morte aos pes do santo na Catedral compostelá.
Nesa viaxe atemporal atoparase con diferentes personaxes como Exeria a dama peregrina á Xerusalén, un arrieiro maragato, uns cómicos italianos, un demo que unha e outra vez quere desvialo do seu camiño ofrecéndolle todo tipo de praceres mundanos e ata unha reporteira da televisión galega aos que se incorporan diferentes personaxes arquetipos dos diversos peregrinos que viaxan á Compostela coma un faquir hindú co seu elefante, un escocés, un portugués, unha andaluza flamenca así como lendas, costumes, lugares e monumentos representativos do feito xacobeo ata rematar aos pes do Apóstolo Santiago no Pórtico da Gloria.
Elenco: Marian Gonzalez, Isabel G. Coldeira, Borxa Insua, Ero Vázquez, Marcelino de Santiago, Antía Ameixeiras e Sabela Caamaño