Evento: AS GARDIÁS

AS GARDIÁS
sábado, 9 novembro, 2024 - 20:00
Auditorio Municipal "Xosé Manuel Pazos Varela".,
Cangas
Espectáculo a cargo de NINGURES PRODUCION SL

AS GARDIÁS, ou o dereito a decidir como xestionar a nosa propia vellez

O humilde piso de Rosa, nun vello edificio no corazón dun barrio popular dunha vila obreira, é o refuxio acolledor dunha tribo de catro mulleres maiores organizadas. Rosa (que se topa nunha cadeira de rodas) e as súas compañeiras, Ana, Marga e Susana, son operarias xubiladas da industria téxtil, e están decididas a preservar a súa independencia. Cando a filla de Rosa, Vitoria, propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comeza unha loita entre dúas visións do ben envellecer. Enfrontadas ás decisións de Vitoria, as vellas mulleres defenden o seu dereito a vivir xuntas e en liberdade e artellan unha serie de estratexias para convencer a Vitoria  de que a súa é a postura mellor.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A trompa non só é cousa de elefantes
18 de outubro, 19:00
Teatro Municipal - Tui - Pontevedra
Mochila al pasado
18 de outubro, 20:00
Auditorio Municipal de Vigo - Vigo - Pontevedra
CEIB3
18 de outubro, 20:00
Auditorio do CCC de Arteixo Manuel Murguía - Arteixo - A Coruña
Go home
18 de outubro, 20:30
AUDITORIO DA CASA DA CULTURA DO MILLADOIRO - Ames - A Coruña