Evento: Don Gaiferos polos camiños cara á Compostela
Don Gaiferos polos camiños cara á Compostela
O venres 22 de xaneiro ás 18 horas preséntase a exposición, o cómic e o espectáculo de teatro con marionetas e música: Don Gaiferos polos camiños cara a Compostela, da Compañía Compostelá Os Monicreques de Kukas, dentro do programa o teu Xacobeo da Xunta de Galicia.
Don Gaiferos de Monmarltan é o protagonista do romance popularizado por Faustino Santalices, que narra a viaxe deste peregrino francés ata a súa morte aos pes do Apóstolo Santiago.
A exposición conta coa instalación de marionetas de fíos e decorados da versión da obra Don Gaiferos estreada en 1992, sinalando o decorado do Pórtico da Gloria, e deseños orixinais das diferentes versións da obra e planas orixinais do cómic editado no ano 1993.
Máis eventos de tipo Exposición