Evento: Don Gaiferos polos camiños cara á Compostela

  • Don Gaiferos
Don Gaiferos polos camiños cara á Compostela
venres, 22 xaneiro, 2021 a venres, 12 marzo, 2021
Museo das Peregrinacións e de Santiago,
Santiago de Compostela

Don Gaiferos polos camiños cara á Compostela

Dentro do programa o teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

O venres 22 de xaneiro ás 18 horas preséntase a exposición, o cómic e o espectáculo de teatro con marionetas e música: Don Gaiferos polos camiños cara a Compostela, da Compañía Compostelá Os Monicreques de Kukas, dentro do programa o teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

Don Gaiferos de Monmarltan é o protagonista do romance popularizado por  Faustino Santalices, que narra a viaxe deste peregrino francés ata a súa morte aos pes do Apóstolo Santiago.

A exposición conta  coa instalación de marionetas de fíos e decorados da versión da obra  Don Gaiferos estreada en 1992, sinalando o decorado do Pórtico da Gloria, e deseños orixinais das diferentes versións da obra e planas orixinais do cómic editado no ano 1993.

Máis eventos de tipo Exposición

Homenaxe a Gustav Henningsen
20 de decembro a 29 de decembro
San Domingos de Bonaval s/n
O acibeche no mundo antigo. Unha aproximación dende o Castro de Viladonga.
9 de febreiro a 31 de decembro
Museo do Castro de Viladonga