Evento: Esencial.Vaivén Circo

Esencial.Vaivén Circo
domingo, 11 abril, 2021 - 18:00
Teatro Afundación Vigo,
Vigo

Esencial.Vaivén Circo

Espectáculo que fala de transicións.

Cinco personaxes que xogan, que soñan, unha viaxe de aventuras que nos levará a lugares recónditos nos que a decisión vital será tomar o camiño máis simple.

Este novo espectáculo de Vaivén Circo preséntase cunha posta en escena inspirada no «Arcoíris de Waldorf», un xoguete composto por alicerces e arcos que propician unha espectacular escenografía. Estamos ante unha arquitectura cambiante e capaz de reinventarse, como o propio ser humano fai na procura da súa
progreso. Unha escenografía con tinguiduras poéticas, idónea para crear un ambiente máxico no que traballar co equilibrio, con sutís diferenzas que poden propiciar que se pase do caos á harmonía nuns segundos.

Queremos escapar do colapso que sofre o ser humano cando se atopa ante situacións desordenadas, que non comprende. Neses momentos ante os que non sabemos atopar explicacións, e lonxe de engadir máis complexidade, tentamos buscar o esencial. Agarrámonos ao ideal de beleza e sinxeleza como inspiración primigenia á hora de abordar a estética do espectáculo. Menos é máis.

Nesta ocasión Miguel Moreno ?Birlo? Premio Nacional de Circo 2016, conta con Javier Parra na dirección, e a colaboración na posta en escena de Jokin Oregi, Premio Nacional de Teatro para a Infancia e a Mocidade 2018 coa súa compañía Marie de Jongh.

INTERPRETES:

Manolo Carambolas
Chema Martín.
Irene de Paz.
Raquel Pretel/Celia Sako/Rebeca Carreira
Miguel Moreno, «Birlo».

DIRECCIÓN:

Vaivén Circo e Javi Parra

Máis eventos de tipo Espectáculo

Nada se sabe
14 de marzo
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Luppo
30 de marzo
Pazo da Cultura
Biblioteatro 7 a 10 anos
7 de decembro a 28 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Biblioteatro 4 a 6 anos
7 de decembro a 28 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola