Evento: IV Concurso de Microrrelatos

IV Concurso de Microrrelatos
luns, 1 febreiro, 2021 a domingo, 28 febreiro, 2021
Evento online,
Santiago de Compostela

IV Concurso de Microrrelatos

Concurso organizado pola Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal.

A Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal convocan a cuarta edición do certame de microrrelatos que crearon en 2018 co obxectivo de reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital. O prazo de presentación dos textos, dun máximo de 200 palabras, permanecerá aberto durante o mes de febreiro.

As entidades organizadoras agardan repetir e mesmo mellorar o éxito de participación das edicións anteriores do certame, ao que se presentaron ata o momento máis de mil seiscentas historias escritas por persoas de todas as idades.

Nesta edición volveranse repartir nove premios, tres en cada unha das categorías distribuídas por idades co propósito de facilitar a participación de todo o público. Na infantil poderán participar nenos e nenas de ata 11 anos; na xuvenil, mozos e mozas de 12 a 17 anos; e na de adultos, calquera persoa maior de idade.

A participación canalizarase a través dun novo sitio, www.relatos.gal, que facilitará a entrega dos textos e a cobertura dos formularios requiridos.

O prazo para concursar permanecerá aberto do 1 ao 28 de febreiro de 2021. As persoas gañadoras recibirán distintos premios tecnolóxicos –ordenadores, consolas, lectores electrónicos de libros- e relacionados coa lectura.

As bases completas e a lista de premios están dispoñibles na páxina web relatos.gal. As historias premiadas serán publicadas nas páxinas das dúas entidades organizadoras e na edición en papel da revista Luzes.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Cartel A viaxe do heroe
Cancelado
A viaxe do heroe. 3ª sesión aberta dos obradoiros de escritura creativa
30 de abril
Biblioteca Pública de Ourense
Obradoiro de cerámica castrexa
3 de maio
Museo do Castro de Viladonga
Sen cantareiras non hai foliada
12 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal