Evento: Pontevedra Rodando 2021
Pontevedra Rodando 2021
Do 4 ao 14 de febreiro ábrense as inscricións para a cuarta edición do taller audiovisual ?Pontevedra Rodando?, que levará a cabo nos meses de febreiro e marzo de 2021.
Pontevedra Rodando é un obradoiro audiovisual amateur para xente de todas as idades desde 13 anos, organizado por «Volvemos a Primeira, producións audiovisuais» e apoiado pola Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra e a Pontevedra Filme Commission.
A edición deste ano será 100% en liña e celebrarase entre os días 15 de febreiro e 7 de marzo. Aprenderemos o proceso creativo e técnico para levar a cabo unha rodaxe dunha pequena peza audiovisual de ficción, documental, musical.
O taller dividirase en 6 sesións en liña tutoradas por profesionais do audiovisual. As clases durarán 2 horas e serán en dúas posibles quendas (martes e xoves de 10:00 a 12:00 h. ou martes e xoves 20:00 a 22:00 h.) Será necesario decantarse por un deles para compoñer os grupos.
O curso é gratuíto, pero es necesario reservar praza.