Evento: 21 de marzo Día da Poesía
21 de marzo Día da Poesía
mércores, 10 marzo, 2021 a mércores, 31 marzo, 2021
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense 21 de marzo Día da Poesía
Enchemos a Biblioteca de Poesía
O día 21 de marzo celébrase o Día da poesía por iso durante este mes imos organizar diferentes accións na Biblioteca.
Así, na primeira planta, atoparedes unha mostra bibliográfica con poemarios e tamén todas as novidades de poesía. Asolagaremos as nosas redes con poemas do cotián, porque a poesía está en todo!!
e finalmente propoñerémosvos un xogo, "Enrédache coa poesía" para que poidades deixarnos o voso poema, de creación propia ou algún que vos quedara gravado, ou lémbrevos a alguén ...