Evento: Festival de Música Cidade de Lugo: Raquel Andueza & La Galanía
Festival de Música Cidade de Lugo: Raquel Andueza & La Galanía
Paixón, tenrura, anhelo, ausencia, racho, esperanza... todo contado e cantado cunha música que se subordina á palabra dun modo case servil e, dende logo, revolucionario na súa época. É o albor do barroco, unha das propostas máis audaces e innovadoras da historia da música, que empeza a despregarse na Italia de Monteverdi, Merula ou Cavalli.
Liñas intensas, tensión entre melodía e baixo e unha disposición retórica que busca conmover ao ouvinte, sempre baixo os principios da seconda pratica.
Raquel Andueza, unha voz que se converteu en indispensable no panorama da música antiga internacional, propón coa complicidade da Galanía un concerto en torno á lírica amatoria do primeiro barroco español e italiano. Un programa que, tomando a paixón como urda, desenvólvese como un auténtico diálogo amoroso: música en estado puro.
La Galanía
La Galanía é unha das formacións especializadas máis importantes do panorama musical español actual. Fundada no ano 2010 por Raquel Andueza e Jesús Fernández Baena, a súa finalidade é interpretar música barroca, tanto do século XVII como do XVIII, en base a uns coidados principios historicistas e apostando por colaborar cos mellores músicos tanto españois como doutras nacionalidades, todos eles especializados neste repertorio. Os seus membros forman parte de orquestras e grupos prestixiosos a nivel mundial, como Hespèrion XXI, Al Ayre Español, Orquesta Barroca de Sevilla, Private Musicke, Orchestra of the Age of the Enlightment, L’Arpeggiata, etc. Como eixe central do grupo contan coa soprano Raquel Andueza, a cal é invitada regularmente aos auditorios e festivais máis importantes do mundo.
Máis eventos de tipo Concerto