Evento: Anatomía dunha serea

Anatomía dunha serea
venres, 26 novembro, 2021 - 20:30
Casa da Cultura de Neda,
Neda

Anatomía dunha serea

Teatro documental.

Unha muller que leva no seu corpo a pegada da violencia obstétrica sufrida durante o parto narra a súa historia dun xeito directo, aberto e autocrítico. Un relato construído mentres a ferida segue aberta, porque as secuelas aínda non foron reparadas e o seu testemuño terá todo o visceral dun caso aberto.

Anatomía dunha serea nace da necesidade de contar unha historia íntima, de transformar un acontecemento único e ao mesmo tempo común a moitas mulleres nun acto escénico compartido. Un relato aparentemente unipersoal e illado que de pronto ten eco noutras persoas en todo o mundo, converténdose nunha historia global contada nunha voz soa.  Anatomía dunha serea é un proxecto de teatro documental e autobiográfico que fala das condicións nas que se dá a vida na sociedade actual, de como concibimos a maternidade nun mundo dominado pola lóxica do beneficio económico, de como asumimos a violencia contra as mulleres dentro dun hospital ou dunha sala de partos. Fala de violencia de xénero en lugares insospeitados. Da falta de respecto pola intimidade nas contornas sanitarias e de certos tabús que persisten na sociedade hoxe e aquí. Mulleres e homes temos responsabilidade no que se conta nesta peza, e temos a posibilidade de mudar o relato e a Historia.

  • Anatomía dunha serea

Máis eventos de tipo Espectáculo

Circo na biblioteca
14 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
O paxariño da miña xanela
26 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Hoxe toca...maxia!
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Son animal
27 de decembro
Biblioteca Pública de Lugo