Evento: Concerto singular

  • piscore
Concerto singular
mércores, 15 febreiro, 2023 - 12:00
Vimianzo,
Vimianzo

Concerto singular

Espectáculo de Píscore

Premio do Público Festiclown 2017 Que acontece cando se convoca a catro grandes solistas para un único concerto? Catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Eles están dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado. Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.

Píscore chegan para levar a todas as prazas e teatros a mellor comedia musical e xestual. Esta compañía naceu na primavera do 2016 e homenaxea co seu nome á famosa "Esther Píscore", trasunto da musa da danza, Terpsícore, nun coñecido gag de Les Luthiers. Teñen a premisa de facernos rir dende o virtuosismo musical, a elegancia e unha estética moi próxima á comedia xestual máis clásica.

  • Concerto Singular

Máis eventos de tipo Concerto

Noitinhas
4 de setembro
Avda. do Burgo das Nacións, s/n
María Faltri. Picadiscos
8 de setembro
Praza do Concello