Evento: Broken Peach en concerto
Broken Peach en concerto
Broken Peach é unha banda viguesa que resulta ser a perfecta conxunción entre The Supremes e The Who, é dicir, un grupo vocal femenino (4 vocalistas) acompañado dunha sólida banda de rock (3 músicos: guitarra, baixo ou teclado e batería). Podería dicirse que son unha banda, podería dicirse que son un coro, ou podería dicirse que son un espectáculo para nenos e adultos… O seu eclecticismo musical viaxa dende o soul ata o rock, pasando polo gospel, funk e o pop.
En 2021 estrean o seu show ao vivo no que presentan unha vez máis o sei xeito peculiar de fusionar música e espectáculo, dando a cada canción que interpretan, o seu selo persoal. O éxito foi inmediato, xa que en poucos días acadaron en internet máis de 130.000 seguidores de todas as idades arredor do mundo! Cabe destacar a incursión da banda en países como Estados Unidos, Rusia ou Reino Unido!
Se buscas sorprender e encandilar ao teu público habitual e atraer a novo público da tua localidade e outras próximas, ou mesmo levar as miradas do mundo cara a tua vila nas redes sociais... esta banda darache o éxito asegurado, atraendo e convencendo a público de tódalas idades, gustos e procedencias.
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

