Evento: Quen ten cu, ten medo!

Quen ten cu, ten medo!
venres, 19 agosto, 2022 - 21:30
Carballeira de Barrantes,
Ribadumia

Quen ten cu, ten medo!

Espectáculo de teatro infantil da compañía Tarabela Creactiva

Unha tenda de campaña, un feixe de mantas en círculo ao redor e unha noite clara (ou con nubes, vaia, que estamos en Galicia) e, en cada manta, acomodado, un núcleo familiar, con sitio especial para a rapazada de 5 a 10 anos.

Unha sesión de contos que gozará da intensidade e a emoción de partillar á intemperie historias traídas da tradición oral galega. Por esa acampada concentrada en 60 minutos de duración pasarán lobishomes e meigas, monstros, casas encantadas, a Santa Compaña e todas cantas lendas medran na nosa terra. Combatiremos o medo con risa, seguramente apretarémonos dentro da manta, viviremos sensacións a través de obxectos e de sons, aprenderemos a protexernos, a deixarnos levar, e pode que incluso berremos!

E como o medo é libre, seremos libres todo o que dure a sesión.

As historias fanse igual, porque claro, as historias son para a xente valente.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Contando números, cantando cores
26 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Moby Dick
3 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Caderno de cores e cancións
9 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Melisa quere traballar
10 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal