Evento: La Comuna II / La Commune II
La Comuna II / La Commune II
Francia, 2000
Dirección: Peter Watkins. Guión: Peter Watkins e Agathe Bluysen. Producción: 13 Production, La Sept Arte, Museo de Orsay. Fotografía: Odd Geir Saether.
Intérpretes: 212 habitantes de distintas zoas de Francia e inmigrantes sen papeis do Norte de Africa.
Dur.: 345 min.
Na Comuna de París de 1871 os acontecementos seica non son como os relata a canle de televisión “oficial” de Versalles. Mais unha pequena televisión, a “comunal”, si tenta contar a verdade. Polo momento, o último e espectacular filme do británico Peter Watkins (1935): a construción dun apaixonante percorrido pola historia moderna a través da sonada sublevación dos comuneiros. Rodada con actores non profesionais que explican tamén as súas vidas e impresións, fronte ao “reloxo universal” da industria, un traballo colectivo monumental do que xurdiron valiosas experiencias.
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual