Evento: Festa das Fachas de Castelo

Festa das Fachas de Castelo
sábado, 7 setembro, 2024 a domingo, 8 setembro, 2024
Taboada,
Taboada

Festa das Fachas de Castelo

Festa de Interese Turístico

A parroquia de Santa María de Castelo é o único lugar de Galicia no que perdura a tradición das fachas, un rito que os estudosos explican como un xeito de comunicación entre os antigos poboados castrexos, aínda que podería formar parte tamén de certos rituais máxico-relixiosos. En calquera caso, non é casualidade que a queima das fachas, coa que comezan as festas desta parroquia, se realice na cima dun antigo castro.

As fachas son uns longos paus de madeira, normalmente de piñeiro, de ata dez metros de altura, recubertos case na súa totalidade por distintas capas de talos dunha planta chamada gamón ou vara de San Xosé. A súa elaboración é moi traballosa, xa que para cada facha son empregados entre cinco e sete mil talos.

A tarde do día 7 de setembro, lévanse as fachas ata o castro e dispóñense cravadas en círculo sobre o seu bordo. Pola noite, todo o mundo é chamado á festa con foguetes botados desde o castro. Co acendido das fachas, o castro convértese nun extraordinario espectáculo que se divisa desde toda a contorna.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa do Monte
5 de agosto a 15 de agosto
Monte de Santa Tegra
Festas Patronais de San Lourenzo
7 de agosto a 11 de agosto
varios espazos
Festa do Mexillón e do Berberecho
8 de agosto a 11 de agosto
Vilanova de Arousa
Mercado Medieval de Mondoñedo
9 de agosto a 11 de agosto
Mondoñedo