Evento: Festa de Exaltación do Marisco

Festa de Exaltación do Marisco
xoves, 3 outubro, 2024 a domingo, 13 outubro, 2024
Varias localizaciones,
O Grove

Festa de Exaltación do Marisco

Festa de Interese Turístico

Arredor da oferta gastronómica de luxo que se pode degustar en toda a localidade e nos expositores aliñados no peirao, O Grove programa unha festa con moitos alicientes, con concertos de recoñecidos intérpretes do panorama estatal e de grupos folk e o xa tradicional Certame de Habaneras, actuacións folclóricas, animación na rúa ou a regata de dornas.

A sona da Festa do Marisco chegou fóra de Galicia, e cada ano rexistra maior afluencia de visitantes, atraídos pola calidade e a variedade do produto gastronómico estrela das Rías Baixas. Nos expositores do recinto feiral, é posible coñecer e degustar todos eles, preparados seguindo as máis tradicionais receitas ou de xeitos innovadores. A ritmo frenético, desde a mañá ata a noite, despáchanse milleiros de racións: arroces de marisco, navallas á prancha, ameixas á mariñeira, lagostinos, ostras, vieiras ao forno… E, como compañía, a música de gaitas e os bailes folclóricos, que non cesan durante toda a festa. O acto protocolario da festa é a Gala de entrega das Centolas de Ouro, catro distincións que outorga o Concello do Grove a persoas e institucións que destaquen pola súa actividade vinculada ao Grove.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Belén Artesanal en Movemento
1 de decembro a 12 de xaneiro
Campaña (Santa Cristina)
Belén Electrónico
20 de decembro a 6 de xaneiro
Begonte (San Pedro)
Nadal na Praza Roxa
29 de novembro a 7 de xaneiro
Praza Roxa, s/n
Nadal na Alameda
29 de novembro a 7 de xaneiro
Rúa do Campiño da Ferradura