Evento: A nena que vivía nunha caixa de mistos
A nena que vivía nunha caixa de mistos
A nena que vivía nunha caixa de mistos é a terceira parte da triloxía sobre os contos populares, que comezou con As fabas máxicas , continuou con Feo (Premio María Casares a mellor espectáculo infantil) e rematará con este espectáculo.
A nova proposta de Caramuxo teatro está inspirada no conto A vendedora de mistos de Hans Chistian Ándersen.
Un espectáculo cunha coidada posta en escena e cunha linguaxe contemporánea, utilizando como temática a pobreza infantil.
Unha nena camiña pola rúa dun lugar a outro coa súa caixiña de mistos, a casa onde pasa a noite. Pola mañá sae pola vila para vender mistos a quen os necesite, no día a día coñece unha morea de personaxes e dous pequenos amigos, un vello can e un paxariño.
Elenco: Laura Sarasola e Juan Rodríguez (manipulación monicreques)
Máis eventos de tipo Espectáculo