Evento: "Por Xela". Espectáculo multidisciplinar

"Por Xela". Espectáculo multidisciplinar
sábado, 4 decembro, 2021 - 21:00
Centro Cultural e Xuvenil de Muros,
Muros

"Por Xela". Espectáculo multidisciplinar

Música: A Banda da Loba | Poesía: Helena Salgueiro, Nuria Vil, Estíbaliz Espinosa e Vanesa Glemsel | Fotografía: Xulio Gil

O espectáculo multidisciplinar Por Xela, dedicado a Xela Arias, escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021, mestura dun xeito espectacular poesía, música e fotografía. Conta coa música da Banda da Loba, a poesía de Helena Salgueiro, Nuria Vil, Estíbaliz Espinosa e Vanesa Glemsel e as fotografías en gran formato en pantalla LED de Xela Arias feitas por Xulio Gil.

Máis eventos de tipo Exposición

Homenaxe a Gustav Henningsen
20 de decembro a 29 de decembro
San Domingos de Bonaval s/n
O acibeche no mundo antigo. Unha aproximación dende o Castro de Viladonga.
9 de febreiro a 31 de decembro
Museo do Castro de Viladonga