Evento: As Alumnas

As Alumnas
martes, 27 febreiro, 2024 - 21:00
Teatro Principal de Pontevedra,
Pontevedra
Espectáculo teatral de Culturactiva

 Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres.  Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu  a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Porén, son as dúas únicas alumnas que lle escribiron cartas contándolle o que foi das súas vidas. A  través desas cartas, e da reconstrución daqueles tempos nos que eran as mellores amigas, iremos descubrindo como as decisións marcan o destino de cadaquén, e o medo, e a rebeldía.

 A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental da obra. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento.

A forma da peza parte desa pedagoxía que recolle María Barbeito de Maria Montessori  ou Ovide Decroly: centros de interese, láminas ilustradas, a torre rosa, as imprentas infantís, os traballos de clase, os debuxos, a música, a  observación da natureza, o coidado e o respecto polas necesidades de aprendizaxe de cada nena.

Elenco: Mónica Caamaño e Anabell Gago

Máis eventos de tipo Espectáculo

Desconcerto de Nadal
22 de decembro
Carpa situada en Talo Río
Desconcerto de Nadal
23 de decembro
Praza do Concello
Desconcerto de Nadal
26 de decembro
Casa da Cultura
O paxariño da miña xanela
26 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal