Evento: Castelao en Europa. A viaxe de 1921
Castelao en Europa. A viaxe de 1921
xoves, 2 decembro, 2021 a domingo, 23 xaneiro, 2022
Museo Provincial de Pontevedra,
Pontevedra Castelao en Europa. A viaxe de 1921
Exposición sobre Castelao.
A exposición ‘Castelao en Europa. A viaxe de 1921’ amosa o Diario orixinal no que o artista recolleu as impresións da súa estancia en Francia, Bélxica e Alemaña, onde puido estudar a tradición artística e as linguaxes das vangardas europeas contemporáneas. Reproducións de máis dun cento de debuxos contidos neste excepcional manuscrito, así como documentación, correspondencia e demais material relacionado con esta viaxe de gran impacto na súa evolución artística, conforman esta exposición comisariada pola responsable de Coleccións deste museo, Ángeles Tilve.
Ligazóns