Evento: Rafael Freijeiro + Cristina Rommel

Rafael Freijeiro + Cristina Rommel
venres, 4 febreiro, 2022 a domingo, 13 marzo, 2022
Casa del Libro,
Vigo

Rafael Freijeiro + Cristina Rommel

Exposición de pintura e escultura

Cristina Rommel - Escultura

Fortemente atraída pola arte desde a infancia, a xermano-arxentina Cristina Rommel formouse en Artes visuais en Arxentina e despois cursou distintas especializacións en diversos procesos técnicos como, por exemplo, os tradicionais usados por Miguel Ángel. A súa obra foi recoñecida mundialmente por multitude de simposios en Latinoamérica e Europa e o propio goberno arxentino contou con ela para realizar distintos traballos estatais como os bustos de Kirchner ou Arturo Jauretche.

Rafael Freixeiro - Pintura

Nacido en Vigo en 1958, comezou a debuxar case instintivamente a moi temperá idade, probablemente alentado polo seu pai, bo debuxante, poeta e persoa de acusado espírito artístico. Considérase autodidacta e a súa primeira participación en mostras de arte foi na Arte Xoven Galega, onde o éxito da súa selección estimuloulle a seguir pintando. Posteriormente vinculouse ao colectivo Assi co que celebrou a súa primeira exposición individual en 1992. Desde entón realizou numerosas exposicións en Vigo, Madrid, A Coruña, Tui, Pontevedra e Portugal e a súa obra forma parte de distintas coleccións institucionais.

Máis eventos de tipo Exposición

XVIII Premio de Novela Casino de Santiago
2 de xullo a 30 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura