Evento: Chaleco Reflectante
Chaleco Reflectante
A primeira formación do grupo estaba composta por Xurxo Freitas (guitarra), Andrés Núñez (guitarra e voz), André Pérez (batería) e Adrián Vilaboa (baixo). Non tiñan cancións propias, pero despois do seu primeiro concerto nun festival punk, decidiron continuar xuntos tocando versións dos seus grupos favoritos, desde Rock Español da década dos 80, ata o punk máis cañero nacional e internacional. Desde entón, tocaron en varios concertos, tanto en bares como en festas, pero non todos os integrantes tiñan as mesmas influencias nin estilo, polo que o grupo separouse tan só un ano despois da súa creación. Non pasou moito tempo ata que o tentaron con outro batería, Carlos Otero, co cal se empezaron xa a ver algunhas cancións propias da banda e tras un tempo xuntos, en abril de 2015, deron o seu último concerto xuntos
Máis eventos de tipo Concerto