Evento: Tras os vieiros de Florencio

Tras os vieiros de Florencio
sábado, 7 maio, 2022 - 20:00
Museo do Traxe de Ordes,
Ordes

Tras os vieiros de Florencio

Peza teatral que mostra a traxectoria, a obra e mais a poética de Florencio Delgado Gurriarán

FalaRedes 2022 ábrese cunha peza teatral da compañía Fantoches Baj que mostra a traxectoria, a obra e mais a poética do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán.

Este espectáculo de teatro de obxectos dirixido preferentemente a público adolescente e adulto parte dun documento excepcional sobre a vida do poeta valdeorrés, que é a longa entrevista que el lle concedeu a Dolores Pla en Agosto de 1979 na súa casa de Guadalaxara (México) para o Archivo de la Palabra. Os textos desta entrevista mestúranse en Tras os vieiros de Florencio cos poemas do autor, os cales xiran arredor de tres eixes: poesía galeguista, poesía festiva e paisaxística e poesía intimista. No espectáculo ten moita importancia a banda sonora, creada a partir de temas tradicionais que gravou o guitarrista Antonio Bravo, especialista no Cancionero gallego de Bal y Gay.

SINOPSE: Na década dos 60, logo duns días exercendo de visitador farmacéutico pola contorna de Guadalaxara, Florencio D. Gurriarán chega á casa canso, cheo de sede e cargado co seu maletín. Ante a presenza inesperada dos espectadores describe o seu día a día de axente comercial pola rexión. Pouco a pouco, axudándose dos elementos que leva no maletín e embargado pola saudade, van aflorando as lembranzas do seu Córgomo natal, a guerra, a chegada ao seu país de acollida e algúns momentos festivos.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Os Bolechas tocan nunha grande orquestra
22 de novembro, 18:00
Casa Habanera - Guitiriz - Lugo
Os Bolechas tocan nunha grande orquestra
23 de novembro, 19:30
Sociedade Amigos da Paisaxe Galega (O Seixo) - Mugardos - A Coruña
Os Bolechas tocan nunha grande orquestra
24 de novembro, 17:30
Auditorio José Gil - As Neves - Pontevedra
Os Bolechas tocan nunha grande orquestra
29 de novembro, 11:00
Auditorio Municipal - O Grove - Pontevedra