Evento: Cantos, contos e pedraviva

Cantos, contos e pedraviva
sábado, 30 xullo, 2022 - 20:00
Praza do Camiño,
Portomarín

Cantos, contos e pedraviva

Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro presentan unha proposta dobre no FalaRedes 2022. A segunda parte dela é este espectáculo pensado para vencer os malos tempos, un traballo inusual dentro do mundo musical e cultural galego que inclúe textos de Xosé Carlos Caneiro, con fondo musical orixinal de Emilio Rúa, capaces de emocionar a quen os escoite.

Esta proposta presenta prosas, poemas e cancións que falan de amor, de resistencia fronte á incomunicación dos seres humanos (neste tempo no que semella que estamos máis comunicados ca nunca), de entusiasmos, do país e dos seus misterios, das paixóns, da melancolía, dos afectos, das risas, do humor. Tamén das virtudes magníficas de Galicia e dos galegos.

A carón deles, escoitaranse cancións creadas polo cantautor Emilio Rúa, dotado cunha voz propia orixinal e profundamente sentimental, tenra, sensitiva. Todas de raíz galega, pero tamén cosmopolita, e trenzadas magnificamente para converter cada concerto nun motivo de felicidade para os espectadores.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

María Faltri. Picadiscos
8 de agosto, 18:00
No contorno da Piscina - Val do Dubra - A Coruña
María Faltri. Picadiscos
23 de agosto, 18:00
Área recreativa de Ribadiso - Arzúa - A Coruña
María Faltri. Picadiscos
24 de agosto, 19:30
Praza da Chousa - Poio - Pontevedra
María Faltri. Picadiscos
5 de setembro, 00:00
Hora e espazo pendentes de confirmar - Barbadás - Ourense