Evento: Feira de Abril 2022
Feira de Abril 2022
Tras dous anos de parón, Vigo gozará da súa particular Feira de Abril na Zona Naútico, As Avenidas e Montero Ríos. Non faltará ningún elemento da tradicional festa andaluza. Haberá carpa, casetas, atraccións, clases de flamenco e, por suposto, gastronomía.
A Caseta da Casa de Andalucía, coorganizador do evento, estará aberta o xoves 14 de 14:00 a 02:30 horas; o venres, desde as 14:00 ata as 03:30 horas; o sábado de 12:00 a 03:30 horas; e o domingo de 12:00 a 01:00 horas.
As atraccións infantís e os postos abrirán o xoves de 17:00 a 01:00 horas; o venres e o sábado de 12:00 a 02:00 e o domingo abrirá de 12:00 a 01:00. A programación dará comezo o vindeiro xoves ás 22:00 co aceso da iluminación na rúa Montero Ríos.
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular
