Evento: Guadi Galego + DeVacas

Guadi Galego + DeVacas
venres, 1 xullo, 2022 - 21:00
Sarria,
Lugo

Guadi Galego + DeVacas

Concerto da artista galega.

Guadi Galego

Un caudal creativo onde flotan emocións e sentimentos.

Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena folk galega. Os sons presentes nos seus temas denotan contemporaneidade e sofisticación pop.

En 2009 comeza un proceso evolutivo no que introduce nos seus traballos elementos máis vangardistas como guitarras eléctricas e arranxos musicais.

DeVacas

Despois do seu primeiro “Tour vacanal”, presentado no 2016, veñen de xirar por teatros e prazas co seu último espectáculo, o “Tour vacanal 2019”. Unha cerimonia, un casamento oficial co público para o que renovaron coroas, alpacas, vestidos e repertorio.
Unidos aos grandes xites como o Amodiño ou o Noite e Día, aparecen temas novos que dan resposta tamén a novas inquedanzas musicais, tal é o caso de El anillo pa’cuando? ou Rexurdimente, dos que tamén fixeron videoclips, outro dos seus fortes, acadando miles de visualizacións en internet.

Harmonías cálidas e guitarra colorida, unidas ao son do matraquillo cando é preciso, luces e coidada posta en escena. Seguen amosando a súa querencia polas autoras galegas como Marta Sánchez, Rosalía de Castro ou Enrique Igrexas, e profundizan nas temáticas de corte social como é o caso da canción Esmegma ou a composición propia Tetas ao ar María del Mar. As grandes referencias da adolescencia latexan ao fondo, consideran que son unha fonte inesgotable de creación que queren seguir explorando.

  • Guadi Galego - Cólico
  • DE VACAS - AMODIÑO

Máis eventos de tipo Concerto

SUIT(E)
29 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
Rata Blanca
30 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
El Drogas
2 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5