Evento: Son As Pontes

Son As Pontes
sábado, 9 xullo, 2022 a xoves, 14 xullo, 2022
Varios espazos,
As Pontes de García Rodríguez

Son As Pontes

Festival de música clásica.

O Festival de música Son As Pontes é unha proposta artística e pedagóxica que se centra na realización de concertos e clases maxistrais entre os días 9 e 14 de xullo do ano 2022.

Os recitais levasen a cabo grazas aos artistas invitados, aos alumnos seleccionados que participarán no ciclo de novas promesas e que terán á súa disposición un pianista acompañante, o ciclo de cámara no que os alumnos máis avantaxados poderán compartir atril cos profesores do certame, e finalmente o concerto da orquestra do festival.

A proposta didáctica que presentamos é unha minuciosa selección de profesionais que están a realizar un gran labor pedagóxico e concertística. Escollidos desde diferentes ámbitos como pode ser o músico de orquestra, de cámara, solista ou docentes con gran experiencia. O noso obxectivo é alcanzar o mellor resultado artístico posible grazas ao compromiso do profesorado e á implicación do alumnado.

Desde a organización queremos sinalar que o Festival se desenvolverá nunha contorna escrupulosamente preparada para o desenvolvemento da actividade profesional, con todas as medidas sanitarias de estrito cumprimento.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos