Evento: De Cántigas da Terra a Miro Casabella; Arredor da roda

De Cántigas da Terra a Miro Casabella; Arredor da roda
domingo, 10 xullo, 2022 - 19:30
Auditorio de Rianxo,
Rianxo

De Cántigas da Terra a Miro Casabella; Arredor da roda

Presentación de documental realizado ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

A Aula de zanfonas de Cántigas da Terra liderada por Miro Casabella (1946), inicia unha investigación sobre este máxico instrumento e a súa relación co Camiño de Santiago.

Acompañado por dous alumnos avantaxados, Manuel Rioboo e Erea Estévez, Miro viaxa por toda Galicia na procura do organistrum, devanceiro da zanfona e presencia de honor no Pórtico da Gloria.

Mesturando amizades con paisaxes, música de cego con clases maxistrais, os protagonistas completan un mosaico sobre a importancia deste instrumento, considerado por algúns intelectuais como a alma de Galicia.

TÍTULO: De Cántigas da Terra a Miro Casabella; Subtitulo: Arredor da roda

Duración: 1 hora

Produtora: A. C. Cántigas da Terra

Produtor executivo: Moncho Iglesias.

Director: Federico A. Rioboo

Director de fotografía: Óscar Górriz

Xefe de son: Miguel Seixo

PROTAGONISTAS:

Miro Casabella

Manuel Rioboo

Erea Estévez

Coro Galego Cántigas da Terra

Escolas da Terra.

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Descargas

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2024-25
3 de outubro a 29 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Museo Etnográfico Liste de Vigo_programación de actividades primeiro trimestre de 2025
Programa de actividades do primeiro trimestre
1 de xaneiro a 20 de maio
Museo Liste Vigo
Música en familia para bebés
11 de marzo a 17 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola