Evento: Monstros no camiño

Monstros no camiño
venres, 4 abril, 2025 - 20:00
Centro Social Abanqueiro,
Boiro
Espectáculo teatral de Ghazafelhos

Tres investigadores de Europa do leste viaxaron polo camiño de Santiago para desmontar os mitos dos seres ou fenómenos locais. Hoxe, farán un simposium para amosar os resultados da súa aventura. Con axuda dunha máquina da súa invención, serán capaces de convocar os distintos “monstros” dos que falan para amosar a súa falsidade ou non... Percorrerán unha chea de personaxes míticos dos distintos lugares por onde transcorre o camiño dende, Drácula, Lobisome... até as Meigas, a Santa Compaña, o Sacauntos... Todo baixo un humor absurdo do que Ghazafelhos nos ten acostumado facendo un espectáculo familiar que nos farán sentir cómplices da historia.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Reconversión
3 de abril, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Ceibe | Fran Sieira, compañía de danza
3 de abril, 21:30
Pazo da Cultura - Pontevedra - Pontevedra
Contos para caghar patatillas
4 de abril, 18:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
As desterradas
4 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra