Evento: Festa do Marisco: Grande Amore + Cruz Cafuné

Festa do Marisco: Grande Amore + Cruz Cafuné
venres, 7 outubro, 2022 - 23:00
Explanada Puerto,
O Grove

Festa do Marisco: Grande Amore + Cruz Cafuné

Concerto de pop, rock, música electrónica e trap.

Grande Amore

Tras unha serie de singles e EP's previos, Grande Amore presenta o seu esperado álbum debut titulado de forma homónima. Esta estrea en longo chega a través de Ernie Records e é unha das apostas máis arriscadas e renovadoras do selo galego.

Grande Amore é o alter ego de Nuno  Pico e neste LP entrega nove cancións nas que se describe como artista e persoa. Un veinteañero que canta de forma descarada e desgarrada a toda a súa xeración no seu idioma materno. A nivel sonoro as guitarras, os sintetizadores e múltiples efectos vocais conviven nunha proposta rexeneradora na tradición rockeira underground máis puramente galega.

Cruz Cafuné

Cantante, rapero e songwriter canario, CRUZ CAFUNÉ irrompeu na escena co seu colectivo BNMP (Broke Nenos Make Pesos) e puxo, xunto ao esforzo doutros artistas tinerfeños, á súa illa no mapa. Cun son moderno, soulful e electrónico á vez que enraizado no trópico, CRUZ CAFUNÉ e os membros de BNMP (Choclock, Indigo Jams e Ellegas) comezaron a soltar sinxelos no verán do 2015. Víbralas insulares e unha proposta fresca e sonoramente desenvolta propiciáronlles un gran seguimento underground, captando rapidamente a atención da escena urbana española.

  • Grande Amore - Perdón por ser tan Sexy (Audio)
  • CRUZ CAFUNÉ - LO PUES INTENTAR

Máis eventos de tipo Concerto

SUIT(E)
29 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
Rata Blanca
30 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
El Drogas
2 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5