Evento: Elaboración dun mini álbum con Scrapbook
Elaboración dun mini álbum con Scrapbook
xoves, 29 decembro, 2022 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Elaboración dun mini álbum con Scrapbook
Obradoiro a cargo de ANIAS
O scrapbooking é un método no que se utilizan diferentes técnicas artísticas como caligrafía, debuxo, papiroflexia, estampaxe e materiais diversos como teas, cintas, adhesivos, etc. para crear e decorar álbums de recordos, tarxetas, láminas.... Neste obradoiro as pequenas e pequenos participantes utilizarán o scrapbooking para elaborar un mini álbum con motivos de Nadal no que poderán pegar recordos, fotografías ou calquera outra cousa que queiran conservar.
No salón de actos. Para 12 nenas e nenos de 7 a 12 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca desde 30 minutos antes do comezo da actividade.