Evento: Elaboración dun mini álbum con Scrapbook

Elaboración dun mini álbum con Scrapbook
xoves, 29 decembro, 2022 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Elaboración dun mini álbum con Scrapbook

Obradoiro a cargo de ANIAS

O scrapbooking é un método no que se utilizan diferentes técnicas artísticas como caligrafía, debuxo, papiroflexia, estampaxe e materiais diversos como teas, cintas, adhesivos, etc. para crear e decorar álbums de recordos, tarxetas, láminas.... Neste obradoiro as pequenas e pequenos participantes utilizarán o scrapbooking para elaborar un mini álbum con motivos de Nadal no que poderán pegar recordos, fotografías ou calquera outra cousa que queiran conservar.  

No salón de actos. Para 12 nenas e nenos de 7 a 12 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca desde 30 minutos antes do comezo da actividade.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
O xogo da estampa
28 de marzo a 26 de abril
Museo de Belas Artes
250424_cartel_baleira
Obradoiro de aromáticas e sementes
24 de abril
Centro sociocultural de Baleira.
escola_de_escribas
Escola de escribas
25 de abril
Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)