Este libro-disco inclúe as obras finalistas da novena edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Trátase dos textos Evasión, de Clara Gayo, premio do xurado; Non teño espello no baño, de Avelina Pérez, premio da audiencia, e das obras finalistas Hai un punto que me doe, de Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, e Asalto ao rexional das 11, de Daniel García Níñez.
Con adaptación radiofónica de Tito Asorey, as obras foron interpretadas por Melania Cruz, Fernando González, Antonio Durán Morris, Mela Casal e Covadonga Berdiñas, e emitíronse en 2015 na programación da Radio Galega, organizadora do certame co apoio da Xunta de Galicia.