Publicación do libro-CD coas obras finalistas da VIII Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.Nel está o traballo do xornalista César Carracedo, gañador do premio do xurado en 2014 pola obra ‘Explotados’. O seu traballo viu a luz nun novo volume da colección Diario Cultural de Teatro Radiofónico xunto con ‘A primeira vez’, de Carmen Blanco, premio da audiencia; e das obras finalistas ‘Para o norte’, de Marcos Abalde Covelo, e ‘A guerra silenciosa’, de Fernando Epelde.