Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación do servizo público do Rexistro Territorial da Propiedade Intelectual da C. A. de Galicia, ben pola tramitación das correspondentes solicitudes de inscrición, anotación ou cancelación, ou ben polas solicitudes de publicidade rexistral.
Os distintos conceptos por taxas son os que se reflicten na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da C. A. de Galicia (DOG núm. 240 do 11 de decembro de 2003). As contías vixentes para o ano 2024 son as que se indican a continuación:
Tramitación de solicitude de inscrición, anotación ou cancelación:
- Con carácter xeral:
- Cando a autoría e a titularidade de dereitos recaen na mesma persoa: 11,58 €.
- Cando a autoría e a titularidade de dereitos non recaen na mesma persoa: 28,90 €.
- Casos específicos: obras audiovisuais, programas de ordenador, bases de datos, páxinas web e obras multimedia:
- Cando a autoría e a titularidade de dereitos recaen na mesma persoa: 18,48 €.
- Cando a autoría e a titularidade de dereitos non recaen na mesma persoa: 34,68 €.
- Por colección de obras (musicais, plásticas etc.). No caso das obras musicais e das obras pictóricas, cando se trate de cadros, deberase pagar sempre a tarifa tanto polo conxunto da obra como por cada unha das composicións musicais incluídas ou dos cadros que figuren dentro da solicitude. Nos demais tipos de obras, o abono polos distintos títulos incluídos ten carácter opcional. O pagamento das dúas tarifas supón a inclusión dos distintos títulos que forman parte dunha mesma obra, xunto co título xenérico do conxunto da obra, no correspondente asento rexistral.
- Polo conxunto da obra: 11,58 €
- Por cada unha das obras contidas: 1,16 €
- Por obras colectivas: 80,91 €
Publicidade rexistral:
- Expedición de certificado: 11,58 €.
- Expedición de nota simple: 4,72 €.
- Expedición de copias certificadas de documentos en soporte papel (ata 10 páxinas): 11,58 €.
- A partir das seguintes páxinas (por cada páxina): 0,10 €.
- Expedición de copia certificada en soporte distinto ao papel: 8,09 €.
Transmisións:
- Tramitación de solicitudes de inscrición por transmisión de dereitos xa inscritos (segundas e sucesivas inscricións): 46,25 €.
- Tramitación de solicitudes de inscrición por transmisión mortis causa: 34,68 €.
Traslado de expediente:
- Traslado de expediente: 34,68 €.
Nos modelos de taxas deben constar estes catro códigos:
- da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (7);
- da oficina onde se vaia presentar a solicitude (ver cadro);
- do Servizo do Rexistro Territorial da Propiedade Intelectual (08);
- e o correspondente ao tipo de solicitude que se vaia solicitar: de inscrición, anotación ou cancelación (30.33.01), de publicidade rexistral (30.33.02), de transmisión de dereitos (30.33.03) ou de traslado de expediente (30.33.04).
Relación de códigos bancarios:
- Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude: 10
- Delegación da Coruña: 10
- Delegación de Santiago de Compostela: 13
- Delegación de Ferrol: 11
- Delegación de Lugo: 20
- Delegación de Ourense: 30
- Delegación de Pontevedra: 40
- Delegación de Vigo: 41
- Servizo do Rexistro Territorial da Propiedade Intelectual de Galicia: 08
- Tramitación de solicitudes de inscrición, anotación ou cancelación: 30.33.01
- Publicidade rexistral: 30.33.02
- Transmisión de dereitos: 30.33.03
- Traslado de expediente: 30.33.04