Arquivos

Os traballos desenvolvidos nos arquivos son escasa­mente coñecidos polo común da sociedade, se ben se trata dun labor fundamental para a preservación do noso patrimonio cultural. Nos arquivos reúnense os documentos que as institucións e entidades públicas e privadas producen no desenvolvemento das súas fun­cións e actividades (normas, procedementos, actos etc.), conformando o patrimonio documental. Benefícianse a diario desa organización a propia Administración, a comunidade académica e investigadores especializa­dos, e tamén calquera cidadán que precisa datos sobre os seus dereitos.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade xestio­na de maneira directa algúns dos principais arquivos galegos e establece liñas de actuación e soporte para os centros arquivísticos integrados no Sistema de Arquivos de Galicia, co fin de velar pola súa conservación e garantir o acceso de todos a esa documentación.

Arquivos da Xunta de Galicia