Nova: A Xunta colabora co Concello de Tui na programación do IV centenario do pasamento do filósofo Francisco Sánchez
10/01/2023
A Xunta colabora co Concello de Tui na programación do IV centenario do pasamento do filósofo Francisco Sánchez
Tui (Pontevedra), 10 de xaneiro de 2023
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, reuniuse hoxe co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, para abordar a programación do IV centenario do pasamento do médico e filósofo Francisco Sánchez, que contará co apoio da Xunta de Galicia.
Francisco Sánchez, nacido en Tui, foi un dos máis grandes filósofos e pensadores que ten dado Galicia ao longo dos séculos e un dos principais referentes da filosofía europea do humanismo renacentista, especialmente pola súa obra Quod nihil scitur. Ademais de médico e filósofo, Francisco Sánchez tamén foi matemático e poeta.