Nova: Román Rodríguez destaca a oportunidade que supón para Lugo ser a Capital da Cultura do Eixo Atlántico

23/02/2023

Román Rodríguez destaca a oportunidade que supón para Lugo ser a Capital da Cultura do Eixo Atlántico

Lugo, 23 de febreiro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asistiu hoxe en Lugo a cerimonia de apertura da VII Capital da Cultura do Eixo Atlántico, onde destacou a “gran oportunidade que supón este recoñecemento para unha cidade que representa, a través do Camiño de Santiago, os valores de irmandade e unión que reina entre os pobos de Galicia e Portugal”.

“A fortaleza da Eurorrexión que conformamos Galicia e Portugal é unha ocasión para seguir avanzando na transformación das industrias creativas, promocionar os valores culturais e apostar por proxectos que amosen o talento desta cidade e da nosa terra”, declarou o representante da Xunta de Galicia.

Comparte