Nova: Román Rodríguez gaba o labor do catedrático López Pereira por “estudar e divulgar” o papel de Exeria como a “unha das grandes iconas galegas”
07/03/2023
Román Rodríguez gaba o labor do catedrático López Pereira por “estudar e divulgar” o papel de Exeria como a “unha das grandes iconas galegas”
Santiago de Compostela 7 de marzo de 2023 O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe na presentación do libro Exeria. Viaxe a Terra Santa, escrito por Eduardo López Pereira, catedrático de Latín da Universidade da Coruña e presidente da Fundación Otero Pedrayo.
A publicación -que conta co apoio da Xunta- contén a primeira tradución realizada en lingua galega do relato en latín da ilustre viaxeira e ofrécese ao lector unha versión engadida en castelán. Román Rodríguez gabou o traballo do autor, “un dos máis salientables e recoñecidos académicos que posúe Galicia” por “estudar e divulgar a través dun traballo académico excelente a figura de Exeria, á que considera como un exemplo das grandes iconas que fixeron moito por Galicia e que non recibiran o recoñecemento que merecen”.