Nova: O Museo de Artes de Ribeira celebra co apoio da Xunta o 50 aniversario do pasamento de Picasso cunha mostra de gravados do artista
31/03/2023
O Museo de Artes de Ribeira celebra co apoio da Xunta o 50 aniversario do pasamento de Picasso cunha mostra de gravados do artista
O director xeral de Cultura participa na inauguración da exposición, que reúne 44 pezas do pintor malagueño e que se completará con dous proxectos expositivos máis ata outubro
Anxo M. Lorenzo destaca a vinculación deste centro co autor e a súa contribución con varias pezas á exposición ‘Picasso, branco no recordo azul’
No acto, o representante da Consellería de Cultura destacou a vinculación do Museo de Artes coa figura de Picasso, dado que custodia distintas obras do artista. Así mesmo salientou a súa aportación, con varias pezas, a Picasso, branco no recordo azul, a gran exposición coa que a Xunta reivindica a pegada galega na traxectoria do artista, que xa se pode visitar no Museo de Belas Artes da Coruña. Neste senso, aproveitou para agradecer publicamente á institución ribeirense o préstamo desta obra.
O acto de inauguración completouse coa presentación, no mesmo museo, da obra Unha historia da arte galega, do historiador Carlos L. Bernández, na que fai un percorrido desde as mámoas e os petróglifos ata as tendencias estéticas das últimas décadas.