Nova: A Fundación Camilo José Cela comeza a X edición do seu ‘Letreseo, a semana das Letras no museo’

11/05/2023

A Fundación Camilo José Cela comeza a X edición do seu ‘Letreseo, a semana das Letras no museo’

Ata o 20 de maio haberá xornadas de portas abertas, obradoiros e concertos para conmemorar o aniversario do nacemento de Cela, as Letras Galegas e o Día dos Museos

Ademais amplíase a exposición ‘Picasso vivo, o legado Picassiano de CJC’ durante todo o verán, dada o gran éxito de público da mostra

Iria Flavia (A Coruña), 11 de maio de 2023 A Fundación Pública Camilo José Cela arrancou hoxe as celebracións da décima edición de Letreseo. A semana das Letras do museo, a iniciativa coa que leva dez anos organizando distintas actividades para conmemorar o aniversario do nacemento de Cela (11 de maio), o Día das Letras Galegas (17 de maio) e o Día Internacional dos Museos (18 de maio).

Hoxe lembrouse ao escritor padronés cunha ofrenda floral no Cemiterio de Adina, xunto aos os alumnos do Colexio CEIP San Tomé de Cambados, ao cumprirse 107 años do seu nacemento en Iria Flavia. No acto, léronse ademais distintos fragmentos do libro de memorias infantís de Camilo José Cela, A Rosa, que foron preparados con anterioridade polos alumnos do centro cambadés.

Nas vindeiras semanas organizarase unha intensa axenda cultural con xornadas de portas abertas, obradoiros e concertos. O Museo acollerá a tradicional xornada lúdica para ciclos de Infantil e Primaria de Padrón e comarca, coa actuación especial de Mamá Cabra e o seu espectáculo Ondamini. A próxima semana, tocaralle tamén a quenda ao alumnado dos institutos IES Macías o Namorado e do IES Camilo José Cela, ambos de Padrón, os cales desfrutarán dun escape-room celiano polas instalacións do Museo.

Como é habitual por estas datas, durante todo o Letreseo (do 11 ao 20 de maio) o Museo Camilo José Cela abrirá as súas portas de forma gratuíta no seu horario de luns a venres de 10,00 a 14,00 horas. Coincidindo con esta celebración e dado o gran éxito de público acadado, a Fundación Pública decidiu a ampliación da exposición Picasso vivo. El legado picassiano de Camilo José Cela, coa finalidade de que moitos máis visitantes poidan acceder a coñecer a gran amizade que uniu ao pintor malagueño e ao el escritor galego.

Comparte