Nova: O Arquivo Histórico de Lugo abre unha exposición que repasa a historia da cidade nos últimos 50 anos a través de máis de 400 fotografías que custodia

16/06/2023

O Arquivo Histórico de Lugo abre unha exposición que repasa a historia da cidade nos últimos 50 anos a través de máis de 400 fotografías que custodia

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na apertura da mostra que se poderá visitar ata o vindeiro 31 de decembro

Lugo, 16 de xuño do 2023 O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe no Arquivo Histórico Provincial de Lugo na apertura da exposición A cidade e as xentes. Lugo 1070-1975, coa que a Xunta de Galicia pon en valor os fondos documentais que custodia o arquivo e que permiten amosar a evolución da cidade de Lugo e os seus veciños.

O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades salientou o valor histórico da mostra que fai posible “abrir ao público e divulgar o inxente traballo de custodia e conservación que realizan os arquivos galegos con documentos de gran interese”. Salientou, ademais, o seu papel como recurso didáctico, polo que tamén se organizarán visitas para os centros de ensino.

A mostra está situada na sala polivamente do Arquivo e poderá visitarse ata o 31 de decembro. Amosa a evolución da cidade e dos seus veciños a través de máis de 400 fotografías custodiadas no Arquivo Histórico. Son autoría de Jesús Vega, que chegou na década dos 40 para traballar como fotógrafo, primeiro na rúa e nos actos sociais como os bailes do Círculo, e posteriormente como fotógrafo da prensa local.

Comparte