Nova: Román Rodríguez asiste á inauguración da Temporada Lírica da Coruña coa ópera ‘Aída’

15/09/2023

Román Rodríguez asiste á inauguración da Temporada Lírica da Coruña coa ópera ‘Aída’

A Coruña, 14 de setembro de 2023.- O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asistiu hoxe no Pazo da Ópera da Coruña á representación de Aída, título escollido para a apertura da Temporada Lírica 2023. A célebre obra mestra de Giuseppe Verdi ambientada no antigo Exipto, interpretada pola soprano Marigona Qerkezi no papel protagonista xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos, é unha das citas destacadas do programa deste ano, que conta co apoio da Xunta de Galicia para levar a cabo ata o mes de decembro diferentes actividades de exhibición e formación arredor do bel canto.

Acompañado polo delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, o titular de Cultura do Goberno galego, saudou á directiva da Asociación Amigos da Ópera da Coruña, colectivo que organiza e leva promovendo a Temporada Lírica durante máis de seis décadas.

Comparte