Nova: Román Rodríguez asiste á estrea galega de O corno no Festival Curtocircuíto tras a súa histórica Cuncha de Ouro en San Sebastián

03/10/2023

Román Rodríguez asiste á estrea galega de O corno no Festival Curtocircuíto tras a súa histórica Cuncha de Ouro en San Sebastián

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asistiu esta tarde en Santiago á estrea en Galicia de O Corno como película inaugural do Festival Curtocircuíto. O filme abriu o certame compostelán tras facer historia para o noso audiovisual ao obter a primeira Cuncha de Ouro do Festival Internacional de Cine de San Sebastián para unha película galega e rodada en galego, que foi producida na nosa Comunidade coa contribución económica da Xunta desde o ano 2019.

Na súa intervención, o responsable de Cultura do Goberno galego aproveitou para felicitar por este fito tanto a directora, Jaione Camborda, quen é ademais a primeira realizadora española en lograr este premio, como o resto do equipo, encabezado polas produtoras galegas Esnatu Zinema e Miramemira. O conselleiro sinalou que esta Cuncha de Ouro é proba do talento, a calidade e o dinamismo do noso cinema, que hoxe se celebra por todo o planeta e que se ten convertido xa nun dos principais axentes culturais de Galicia.

 

Comparte