Nova: O director xeral de cultura recibe a unha delegación do Museo Nacional de Artes Decorativas de Kiev

27/10/2023

O director xeral de cultura recibe a unha delegación do Museo Nacional de Artes Decorativas de Kiev

Ribadavia (Ourense), 27 de outubro de 2023

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, recibiu hoxe no Museo Etnolóxico de Galicia, en Ribadavia, a unha delegación do Museo Nacional de Artes Decorativas de Kiev (Ucraína), composto pola subdirectora e catro profesionais do museo.

As representantes deste centro antropolóxico de Kiev van facer unha estadía de unha semana en Galicia para traballar conxuntamente co museo de Ribadavia, participando nas súas actividades e coñecendo outros espazos museísticos de Galicia.

 

Comparte