Nova: Román Rodríguez pon a mostra A nosa arte como exemplo do papel divulgador do patrimonio artístico que custodia o Parlamento de Galicia

09/11/2023

Román Rodríguez pon a mostra A nosa arte como exemplo do papel divulgador do patrimonio artístico que custodia o Parlamento de Galicia

Lugo, 9 de novembro de 2023

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, acompañado do delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na inauguración da exposición A nosa arte. Colección do Parlamento de Galicia en Afundación de Lugo, unha mostra itinerante e adaptada a cada cidade co obxectivo de difundir a colección do Parlamento de Galicia.

Esta mostra enmárcase “na vontade de dotar de maior apertura ao Parlamento de Galicia e de divulgar o seu patrimonio artístico, ademais de constituír unha homenaxe a todos os que colaboraron a forxar o país que hoxe coñecemos desde as súas contribucións”, anotou Román Rodríguez sobre esta escolma que constitúe unha “máis que nutrida mostra de 40 anos de intensos movementos artísticos en Galicia”.

 

Comparte