Nova: O director de Industrias Culturais destaca as estreas de producións galegas e a aposta formativa do festival Novos Cinemas de Pontevedra

27/11/2023

O director de Industrias Culturais destaca as estreas de producións galegas e a aposta formativa do festival Novos Cinemas de Pontevedra

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2023

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participou hoxe na presentación da oitava edición de Novos Cinemas Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, que terá lugar do 12 ao 17 de decembro con 39 pezas audiovisuais en cartel. Delas, destacou especialmente as estreas de producións galegas, así como a aposta da organización polo apartado formativo, de xeito que tanto a película inaugural, Á procura da estrela, de Carlos Martínez-Peñalver, como a de clausura, Cuando toco un animal, de Ángel Filgueira, pasaron polo #LAB do certame en edicións precedentes.

O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades sinalou que esta é unha das citas que cada ano apoia a Xunta de Galicia a través da liña de subvencións a este tipo de festivais, que en 2023 distribuíu 225.000 euros entre 11 mostras.

Comparte