Nova: Román Rodríguez anima a gozar do primeiro Entroido declarado como ben de interese cultural

09/02/2024

Román Rodríguez anima a gozar do primeiro Entroido declarado como ben de interese cultural

Xinzo de Limia (Ourense), 9 de febreiro de 2024

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asistiu hoxe ás actividades escolares do Entroido en Xinzo de Limia que nesta edición, debido ás condicións climatolóxicas, desenvolvéronse no Colexio CEIP Carlos Casares da localidade.

O representante da Xunta animou aos escolares a gozar ao máximo destes días de lecer cunha celebración da que salientou que é “unha das maiores riquezas culturais que temos en Galicia”. Non en balde, o Goberno galego vén de iniciar a tramitación desta esta tradición como Ben de Interese Cultural (BIC).

Comparte